Mestre de cerimonias

Un mestre ou mestra de cerimonias, (en inglés: master of cerimonies) abreviado MC ou emcee (pronunciado [em'sii]), é o anfitrión oficial dunha cerimonia, evento organizado, conferencia, convención ou actuación similar. O termo úsase a miúdo para connotar a unha persoa que presenta aos demais artistas, fala co público, entretén á xente e, en xeral, mantén o evento en movemento, por exemplo en referencia aos anfitrións de programas de televisión. Na cultura hip hop aplicábase ás persoas que se dedicaban a animar ó público nas sesións dos disc-jóckeis, concepto que foi evolucionando para referirse aos rapeiros.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search